Ir al contenido
Inscripciones cerradas

Retos empresariais e innovación: conectando necesidades reais con solucións tecnolóxicas

Conecta Lugo 2026

Europe/Madrid
Añadir al calendario:
Acompáñanos nesta mañá

Este obradoiro concíbese como un espazo de traballo colaborativo orientado a identificar retos reais das empresas participantes e explorar posibles solucións tecnolóxicas de aplicación práctica.

A dinámica estará baseada na participación activa das empresas asistentes, que poderán presentar proxectos de futuro, necesidades de mellora, procesos susceptibles de optimización ou problemáticas concretas para as que buscan unha solución tecnolóxica. Para iso, contarase coa participación de empresas tecnolóxicas de referencia e persoas expertas en transformación dixital, que achegarán a súa experiencia e coñecemento para xerar un diálogo directo coas persoas asistentes.

O obxectivo é favorecer o intercambio de ideas, identificar oportunidades de innovación e achegar tecnoloxías que poidan dar resposta a necesidades reais do tecido empresarial.

A limitación de prazas permitirá crear un contorno participativo e dinámico, facilitando conversas de valor entre empresas demandantes de solucións e provedores tecnolóxicos especializados.

Este taller está pensado para continuar coa procura de financiamento das ideas na xornada informativa sobre axudas que terá lugar a continuación. 

Lembra inscribirte tamén na xornada que vai a continuación: https://conectalugo.cel.es/event/jornada-informativa-ayudas-y-financiacion-para-la-transformacion-digital-58/register