Que axudas pode aproveitar o teu negocio?
Conecta Lugo 2026
Queres mercar maquinaria, mellorar o teu local ou incorporar ferramentas dixitais? Neste obradoiro veremos como buscar axudas para o teu negocio e que convén ter preparado para solicitalas.
Unha sesión práctica e participativa, dirixida a persoas autónomas, pequenos negocios, comercios, empresas de servizos e explotacións agrícolas e gandeiras de Friol, sen necesidade de coñecementos previos sobre subvencións.
A través de exemplos próximos e explicacións claras, abordaremos onde buscar axudas, como comprobar se encaixan coas necesidades do negocio e que documentación convén preparar. Tamén comentaremos os prazos e os erros habituais que poden dificultar unha solicitude.
As persoas asistentes poderán compartir unha idea de mellora ou investimento e identificar os primeiros pasos para buscar financiamento.
O obradoiro será impartido por Medrar Smart Solutions. Proponse contar coa colaboración de axentes de apoio ao emprendemento e ao desenvolvemento local para achegar os recursos dispoñibles ao tecido empresarial da zona.
Nesta sesión veremos
Onde buscar axudas
Como localizar as vías de apoio que poden interesar ao teu negocio.
Como saber se encaixan
Como comprobar se unha axuda encaixa coas necesidades do teu negocio.
Que preparar
Documentación, prazos e erros habituais que poden dificultar unha solicitude.
Para todos
Aberto a calquera tipo de empresa, persoa empresaria ou negocio.