Management humanista para unha nova era
Persoas, organizacións e territorio ante a revolución da IA
Volver poñer as persoas no centro
Vivimos unha transformación tecnolóxica extraordinaria que está a cambiar a nosa forma de traballar, relacionarnos e dirixir organizacións. A intelixencia artificial multiplica as nosas capacidades, automatiza tarefas e acelera procesos.
Management humanista para unha nova era non se sitúa en contra da tecnoloxía: parte da convicción de que o verdadeiro reto é aprender a combinar intelixencia humana e intelixencia artificial, e pregúntase que oportunidades abre esta época para Lugo. Un encontro reducido, pensado para conversar.
“Hai intelixencia artificial, pero non hai sabedoría artificial”
Poñentes

Xavier Marcet
Presidente de Sarah Marlex e impulsor do Management Humanista

José Armando Tellado
CEO do Grupo Central Lechera Asturiana

Hugo Criado
CEO de Medrar · modera o diálogo
Programa
Modera: Hugo Criado
Clausura institucional. A continuación, aperitivo e espazo de networking.
A túa pregunta, en directo
Durante o diálogo, as persoas seleccionadas levántanse e fanlle a súa pregunta ao poñente co micrófono.
1
Envíaa
Co formulario que recibirás por correo ao inscribirte.
2
Seleccionamos
Lemos todas e eliximos algunhas.
3
Avisámoste
Se sae a túa, contactamos contigo.
4
Pregúntaslle
Co micrófono, durante o diálogo.
Preguntas frecuentes
No MIHL — Museo Interactivo da Historia de Lugo (Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo), no Parque da Milagrosa.
Ao inscribirte recibirás un correo cun botón para enviala. Seleccionamos algunhas e, durante o diálogo, quen as enviou fainas en directo co micrófono.
Si. A sesión gravarase en vídeo para a súa difusión nas redes sociais do evento, incluídas as intervencións do público.
Si, ao remate, durante o networking. Indícao no formulario de inscrición e avísanos se tes algunha restrición alimentaria.
Por correo: ao inscribirte recibirás a confirmación coa túa entrada e, uns días antes, un recordatorio.
Avísanos respondendo ao correo de confirmación e ofreceremos a túa praza a outra persoa.