Xornada informativa: Axudas e financiamento para a transformación dixital
Conecta Lugo 2026
Este obradoiro terá un carácter informativo e práctico, centrado en presentar as diferentes liñas de apoio e financiamento dispoñibles para impulsar proxectos de dixitalización e innovación empresarial.
Durante a sesión realizarase unha presentación das axudas actualmente vixentes impulsadas polo IGAPE, así como un avance de futuras convocatorias previstas que poidan resultar de interese para as empresas asistentes.
Tamén poderemos contar coa participación de empresas beneficiarias deste tipo de axudas, que compartirán a súa experiencia con elas.
Ademais de expoñer as características principais de cada liña de axuda, ofreceranse orientacións sobre a tipoloxía de proxectos financiables, os requisitos de acceso, a intensidade da axuda e recomendacións para mellorar as posibilidades de éxito en futuras solicitudes.
Neste caso, haberá posibilidade de participar en modalidade en liña.